Tuesday 17 de September de 2024

Rescatadas 3 persoas dunha vivenda na rúa do Vilar, no Concello de Ribeira, pola rotura dunhas escaleiras


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron requiridos ás 00:05 horas deste domingo para rescatar a tres persoas nunha vivenda da rúa do Vilar, na parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira.

O motivo do rescate debeuse á rotura das escaleiras de madeira do interior da vivenda, que conectaba o baixo co primeiro andar, onde se atopaban as 3 vítimas. Unha delas levou un golpe nunha perna ao tentar baixar os chanzos.

No operativo tamén participaron a Policía Local e Policía Nacional de Ribeira e un equipo do 061.